×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Queizúar S.L.

Queizúar comeza a súa actividade como unha pequena empresa de carácter familiar, adicada á elaboración de queixos de forma artesanal. Os avances experimentados permitíronlle incrementar a súa capacidade de produción, de 300 litros por día en 1987 a 50.000 litros ao día na actualidade.

Queixerías Bama elabora queixos con Denominación de Orixe Protexida como o queixo Arzúa Ulloa Denominación de Orixe Protexida, o queixo Tetilla Denominación de Orixe Protexida e tamén produce queixo fresco, característico pola súa textura e a delicadeza do seu sabor.

Entre as diferentes estratexias seguidas para manter e mellorar a calidade, están os rigorosos controis sanitarios, tanto internos como externos, e as catas dos queixos por parte dos Consellos Reguladores das Denominacións de Orixe. Bama aposta fortemente pola I+D+i e colabora en proxectos de investigación con tres Universidades galegas desde hai máis de seis anos.