×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Queixerías Prestes S.L.

Prestes comeza a súa historia en 1991, coa produción do queixo de orixe celta San Simón da Costa (Denominación de Orixe Protexida). Ata a actualidade, incrementou a súa oferta de queixos, non só en cantidade, senón tamén en variedade, incluíndo tamén outras variedades con tratamento de D.O.P, como a D.O.P do Cebreiro ou de Arzúa Ulloa.

As variedades de queixos que son comercializadas no mercado son D.O.P San Simón da Costa, D.O.P San Simón da Costa Reserva, D.O.P San Simón da Costa Bufón, D.O.P Tetilla e Queixo Galego do país.

Na súa produción, emprega as mellores materias primas, que son sometidas a importantes controis de calidade e a tratamentos térmicos. O queixo é prensado para adquirir a forma desexada e eliminar os buracos, e almacenado de maneira que conserve as características óptimas para ser levado ao mercado.