×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Queixería Barral S.L.U.

QueixeríaBarral é o resultado do esforzo e o entusiasmo de 4 xeracións de mestres quexeiros artesáns que, co esforzo e o compromiso diarios, conseguiron manter vivo o sabor dun produto totalmente natural, que se fixa na memoria e traslada a épocas nas que a alianza entre a natureza e o esforzo, eran a mellor combinación posible para lograr a satisfacción plena dos máis esixentes padais.

A calidade e a orixe natural achegan aos queixos un valor engadido único que é apreciado, recoñecido e encomiado por todos aqueles que admiran o compromiso co tradicional.