×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Porto-Muiños S.L.

Portomuiños é unha empresa familiar, fundada por Antonio Muíños e Rosa Mirás, que comezou en 1998 a comercializar algas. Os primeiros anos procesábanse para comercializar en deshidratado e conserva. Actualmente, tamén se poden atopar os seus produtos en po, salgadura, fresco, éstas últimas con moito éxito. As súas algas distribúense en tódolos puntos de España e en distintos países dos cinco continentes.

Tamén adica espazo e tempo á elaboración doutros produtos do mar de Galicia: delicadas conservas de ovas de ourizo de mar, fígado de rape, mexillóns con algas, infusións de algas, pasta de sémola de trigo con algas e outros produtos, con todo o sabor e a riqueza do Atlántico. Ademais, estes produtos contan co certificado europeo de produción ecolóxica.

Esta compañía foi agasallada en numerosas ocasións polos esforzos en innovación, así como, pola promoción da cociña galega no exterior.