×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Nueva Pescanova, S.L.

Pescanova foi fundada en 1960 por José Fernández López. Coa innovación, dende os seus comezos, nas técnicas de captura e conservación que lle permitiron satisfacer as demandas do mercado no momento preciso con produtos de calidade, Pescanova conseguiu un rápido e sólido crecemento, convertíndose nun dos primeiros grupos da industria pesqueira no mundo.

Actualmente Pescanova está especializada na captura, cultivo, produción, procesado e comercialización de produtos do mar, tanto frescos como conxelados. Para isto, conta con 85 buques factoría e con 25 plantas de procesado de pescado situadas moi preto de onde desenvolve as súas actividades de pesca e acuicultura.

Ademais, amosa o seu compromiso coa calidade a través dos certificados ISO 9001, 14001, tamén do GlobalG.A.P., o certificado BAP e o IFS.