×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Nor Ibérica de Bebidas S.L.

Como froito dunha experiencia de máis de 20 anos no sector vitivinícola, Nor Ibérica de Bebidas S.L. nace en maio do 2004 na localidade de Maside (Ourense), empresa dedicada á elaboración de augardentes, cremas e licores.

O obxectivo é ofrecer aos seus clientes un produto de calidade elaborado coa máxima dedicación, partindo dun coidadoso proceso de destilación, obteñen a augardente co que finalmente dan forma aos seus licores.

Cun meticuloso proceso de selección das materias primas, as augardentes están elaboradas partindo de bagazos controlados polo Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, o que lles permite comercializar un produto de máxima calidade e de recoñecemento internacional.