×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Lugar da Veiga S.L.

A sociedade Lugar da Veiga S.L. constitúese en xaneiro de 2005 para poñer en marcha o proxecto empresarial "Da Veiga produción responsable”. O seu centro de produción está situado no Polígono Industrial "Os acivros" en Chantada (Lugo).

Seguen dúas liñas, unha de produtos convencionais e outra de produtos ecolóxicos. Apostan por unha produción responsable desde o punto de vista da saúde do consumidor e o desenvolvemento sostible.

Lugar da Veiga dispón dun Manual APCC e dun Sistema Integral de Xestión de Calidade Certificado por Aenor que incorpora as certificaciones: ISO 9001, ISO 14001, ISO 22000 e IFS. Ademais, os seus productos contan coa etiqueta de produción ecolóxica.