×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Larsa S.A.

A empresa Larsa comeza a súa andaina nos anos 30 aínda que non é ata 1947 cando se constitúe como marca, ao fundar Lacto Agrícola Rodríguez, S.A, e constrúe a súa fábrica en Vilagarcía, aplicando á súa produción os primeiros controis de calidade.

O éxito dos seus produtos fai que nos anos 70 estean presentes xa en boa parte do mercado español cunha gama de produtos que vai dende o queixo á leite pasteurizada, sobremesas e nata.

En decembro de 1997 intégrase en CAPSA xunto con Central Lechera Asturiana e Ato. Hoxe CAPSA é un dos maiores grupos lácteos do país e mantense como unha referencia en produtos lácteos sans e naturais.