×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Lago, Aves, Huevos y Caza S.L.

Lago, Aves, Huevos y Caza S.L. nace en 1986 sendo inicialmente unha empresa meramente distribuidora, ata que no ano 1995 crean unhas novas instalacións en El Bao. Desde entón, comeza a ser unha empresa produtora e pouco a pouco foi creando novos produtos ata alcanzar toda a gama que teñen hoxe en día.

Na actualidade, as actividades principais son o despece de aves e os elaborados cárnicos. Conta cunha das salas de despece máis modernas de España, tamén cunha sala de elaborados que conxuntamente co departamento de investigación e desenvolvemento crea novos produtos cada mes.