×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Jealsa Rianxeira, S.A.

Jealsa foi fundada en 1958 por D. Jesús Alonso Fernández. Ao longo da súa historia, Jealsa destacou pola incorporación de novos produtos na súa oferta e pola adopción de innovacións que lle permitiron diferenciarse doutras empresas competidoras, como foi a introdución do abre-fácil nas latas de conserva ou o envase de aluminio.

Na actualidade constitúe un punto de referencia obrigado no sector. O grupo dispón de dúas plantas de proceso. A principal, destinada á fabricación de conservas de atún está considerada como unha das máis modernas do mundo. Na segunda planta, elabórase o resto da súa ampla gama de produtos.

A día de hoxe, e grazas á aposta pola diversificación e innovación, Jealsa chegou a converterse no primeiro fabricante de conservas de España e o segundo de Europa.