×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Hornos de Lamastelle S.A.

Galega de Economía Social nace en 2003 como resultado da unión de varias empresas que procuraban fortalecerse e facerse máis competitivas no mercado. É un centro especial de emprego sen ánimo de lucro, coa misión de crear emprego de calidade para persoas con discapacidade e conseguir a súa total integración e normalización na sociedade.

Galega de Economía Social relaciónase coa actividade agroindustrial por medio da actividade que desenvolve unha pequena empresa do grupo, co nome de Hornos de Lamastelle. Está dedicada á elaboración de produtos naturais e de elevada calidade, como empanadas conxeladas, cocidas e refrixeradas, e produtos de repostaría, como a Torta de Santiago.

Os seus produtos contan coa certificación Sistemas de Xestión da Calidade ISO 9001 e a Torta de Santiago, en concreto, presenta a Indicación Xeográfica Protexida “Tarta de Santiago”.