×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
HGA Bodegas e Viñedos de Altura S.L.

A actividade vitivinícola da Ribeira Sacra ten a súa orixe na época da dominación romana, desta milenaria orixe, parte a elección do nome da Bodega: Regina Viarum, nome co que os romanos se referían á raíña dos camiños: A Vía Appia.

As súas bodegas, Regina Viarum, están situadas en Doade, no municipio de Sober (Lugo) nun entorno de tradición e de aprecio pola súa historia. Despois de Regina Viarum, viría Altos de Torona, no Rosal, con 100 hectáreas de viñedo de albariño, elaborados baixo o amparo da D.O Rías Baixas.

O seu éxito radica na elaboración dun produto honesto e ben elaborado, no que se aposta polas variedades de gran percorrido, distinguindo unha gran variedade de viños: Torres de Armelo, Albanta, Altos de Torona, Regina Expresión, Regina Viarum Mencía, Regina Viarum Godello, Via Imperial Mencía, Vía Appia Mencía, Regina Viarum Mencía ecolóxico en barrica.