×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Granja Campomayor S.L.

Granxa Campomayor é unha empresa afincada en Palas de Rei (Lugo) dedicada á produción e comercialización de ovos para consumo humano e os seus derivados. Naceu en 1940 nunha antiga casa de labranza con 300 galiñas.

A dedicación e o esforzo conseguiron que Campomayor sexa hoxe una das produtoras de ovos máis importantes de España e unha das que máis contribúe a que Galicia sexa punteira no sector. Campomayor está completamente adaptada ás normativas europeas sobre benestar animal.

Granxa Campomayor é recoñecida pola súa alta calidade no produto. Cada día saen das instalacións ao redor de 600.000 ovos, 14 millóns de ducias ao ano.