×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Frigoríficos Arcos S.L.

Frigoríficos Arcos é unha empresa que comercializa polbo desde hai máis de 50 anos combinando o saber facer dunha empresa familiar, a alta calidade da materia prima, a aposta pola innovación e a investigación cun dos produtos máis valorados da gastronomía galega.

Todos estes factores permiten a Frigoríficos Arcos pór no mercado un produto coa marca "A Pulpeira". A calidade do polbo e a fórmula secreta que aplican na cocción ó vapor, proporcionan un polbo que destaca pola intensidade do seu sabor, a textura suave e o seu agradable cheiro.