×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Dairylac S.L.

Dairylac nace como un proxecto 100% galego integrado por gandeiros, onde achegando unha materia prima sustentable, garantimos a total trazabilidade recollendo leite de máis de 1.200 explotacións galegas.

A misión é investigar, crear, producir e comercializar alimentos de alto valor engadido que, ademais de satisfacer as necesidades nutritivas da sociedade, melloren o seu benestar e a súa saúde.

A proposta de valor de Dairylac é a integración vertical cara atrás cós produtores; trazabilidade; seguridade; calidade; sustentabilidade; servizo; integración e colaboración co cliente.