×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Customdrinks S.L.U.

Customdrinks é unha compañía pertencente á Corporación Hijos de Rivera que dende os seus comezos, como laboratorio I+D+i e plataforma de innovación, foi capaz de adaptar as últimas tendencias en formatos e produtos a procesos produtivos e tecnolóxicos.

Customdrinks dispón dun amplo abanico de produtos premium no seu catálogo sendo ademais capaz de ofrecer aos seus clientes o concepto Made to Order adaptándose para poder fabricar calquera bebida en calquera formato, en lata ou en botella.

Os seus produtos contan cos certificados de Sistemas de Xestión de Seguridade Alimentaria ISO 22000, Sistemas de Xestión da Calidade ISO 9001, certificado “Galicia Calidade”, Indicación Xeográfica “Licor Café de Galicia” e “Augardente de Herbas de Galicia” e certificado ecolóxico Euro Leaf.