×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Cuevas y cia S.A.

O Grupo Cuevas, fundado en 1867, caracterizouse dende os seus inicios pola diversificación das súas actividades, dedicándose xa dende 1944 á comercialización e exportación de castaña fresca.

Posteriormente, inicia unha liña de negocio orientada á comercialización de produto conxelado, co ánimo de atender tamén a demanda de mercados asiáticos, principais consumidores deste produto a nivel mundial. Actualmente, continúa a procura de diferentes procesos innovadores e aplicacións tecnolóxicas que confiran un maior valor engadido ao produto.

Os seus produtos contan co certificado de Xestión da Calidade ISO 9001 e coa Identificación Xeográfica Protexida “Castaña de Galicia”.