×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
CTC

A Fundación Centro Tecnolóxico da Carne (CTC) naceu con vocación de prestar servizos a todos os colectivos sectoriais que forman parte da cadea alimentaria. Dende que abriu as súas portas no ano 2006, o Centro ten desenvolvido unha actividade moi significativa, como se reflicte nos convenios de colaboración asinados con diversas entidades públicas e privadas, os numerosos proxectos presentados a diferentes convocatorias e a importante oferta formativa coa que conta na actualidade.

A súa actividade organízase en torno a catro eixes fundamentais de actuación: servizos (análise, trazabilidade, seguridade e calidade alimentaria), I+D+i, formación, asesoramento e transferencia tecnolóxica.