×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa

A Denominación de Orixe Protexida Arzúa-Ulloa ampara os queixos elaborados nas comarcas de Arzúa, Melide, A Ulloa, Chantada e Deza, ademais doutros municipios limítrofes, en pleno centro de Galicia.

Trátase do queixo galego por excelencia, un dos catro queixos galegos tradicionais recoñecidos pola UE e o de maior demanda de Galicia. Foi o primeiro queixo galego en ter recoñecemento oficial, en 1989, como Produto Galego de Calidade Queixo de Arzúa.

Para poder levar estes certificados os queixos deben de cumprir unha serie de requisitos tanto de procedencia e condicións da materia prima como de localización da gandaría. Os queixos preséntanse en pezas de 0,5 a 3,5 kg e van provistos dunha etiqueta comercial na que figura de maneira destacada a mención de Denominación de Orixe Protexida e unha contraetiqueta expedida e controlada polo Consello Regulador.