×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Cooperativas Lácteas Unidas S.C.G.

CLUN nace en 2017 coa integración de Feiraco, Os Irmandiños e Melisanto cunha vocación de ser referente no sector agrogandeiro galego. Nesta sociedade mellórase día a día buscando a calidade e a eficiencia coa máxima garantía en tódalas fases e procesos da cadea de valor, de aí que a innovación sexa un dos pilares de crecemento, co obxectivo de optimizar o perfil dos nutrientes do leite que se producen de forma natural. Búscase xerar ideas nas que basear o proceso de creación de novos produtos e servizos, ou mellorar os xa existentes. Este modelo de innovación permite controlar e optimizar tódalas fases do proceso produtivo, dende á orixe ao consumidor, dende a granxa á mesa.