×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Cooperativa Campo Capela S.C.G

A Cooperativa do Campo Capela reúne a uns 60 pequenos produtores de leite, cunha media de 15 vacas que son criadas en réxime semi-extensivo nos prados que rodean á cooperativa. Fai 6 anos, eles mesmos marcáronse os seus propios obxectivos de calidade, para producir queixos con leite cru por encima dos estándares europeos.

Ademais do requeixo, que é o produto estrela do selo Campo Capela, prodúcese queixo fresco, con e sen sal, e queixo galego semicurado.

O resultado son produtos artesanais, frescos, con sabor auténtico da nosa terra e con garantía de orixe. Os seus produtos teñen Denominación de Orixe “Queixo de Tetilla”.