×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Conservas Antonio Alonso S.A.

D. Antonio Alonso Santodomingo, pioneiro da industria conserveira galega, fundou en Vigo en 1873 a empresa conserveira que leva o seu nome, converténdose na máis antiga de Galicia. En 1977 é cando se transforma en Sociedade Anónima sendo a súa marca estrela ata a actualidade "Palacio de Oriente”.

A empresa dispón dunha planta produtiva situada en Pontevedra, que se encarga da elaboración de toda clase de conservas e especialidades, e unha planta en Lugo dedicada á elaboración de túnidos, moi especialmente o seu tradicional Bonito del Norte.

Conservas Antonio Alonso conta coa certificación ISO 9001, norma de certificación da calidade dos seus produtos, e a norma ISO 14001 coa que formaliza o seu compromiso de respecto ao medio ambiente no que opera.