×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Congalsa S.L.

Congalsa é unha empresa galega que se dedica á fabricación e distribución de alimentos conxelados para bares e restaurantes. Esta empresa comezou a súa actividade a principios dos anos 90, especializándose dende entón, na elaboración de produtos precociñados a base de peixe.

Actualmente, conta con 3 fábricas nas que se producen liñas de produtos rebozados, empanados, masas conxeladas e produtos naturais.

Froito da innovación permanente e da súa aposta pola calidade, lograron estar presentes nos mercados máis esixentes. Na actualidade, conta cunha carteira de máis de 60 clientes activos en máis de 25 países. Obtivo durante 6 anos consecutivos a certificación en seguridade alimentaria BRC.