×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Conejos Gallegos S.C.G.

Cogal comezou a súa andaina no ano 1985, inicialmente cun pequeno matadoiro e almacén onde se dedicaba á conservación das carnes nas condicións máis adecuadas.

Dende entón, realizou esforzos dirixidos a incrementar o tamaño e a capacidade das súas instalacións, ademais de mellorar as tecnoloxías empregadas, os produtos e a calidade das persoas que traballan na empresa. Na actualidade, dedícase á produción de carne de coello e pato.

Os seus produtos contan co certificado de Sistemas de Xestión de Seguridade Alimentaria ISO 22000 e cumpren ca Norma de Seguridade Alimentaria recoñecida pola Global Food Safety Initiative (GFSI) IFS Food.