×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Calvo Conservas S.L.U.

Luís Calvo Sanz, un emprendedor nos difíciles días da primeira metade do século XX, inaugurou en 1940 a primeira fábrica de Conservas Calvo nas aforas da localidade de Carballo, preto da Costa da Morte, comercializando conservas de peixe e carne baixo a marca Raiola.

Hoxe en día, o Grupo Calvo ocupa posicións de liderado e consolidou un modelo global, garantindo a calidade en tódolos seus procesos dende a orixe ao consumidor.

Calvo Conservas evolucionou tamén incrementando a súa oferta de produtos dende os seus comezos, nos que estaba especializado nas tradicionais conservas de atún, ata dispoñer dunha ampla variedade de alimentos preparados e aperitivos, ademais de produtos destinados a segmento delicatessen, produtos dietéticos e outras variedades adaptadas aos diferentes segmentos de consumidores.