×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Bodegas Martín Codax S.A.U.

Abril de 1.985 é a data na que se constitúe a Adega. Dende entón, para facer fronte ao proceso de expansión continua, o crecemento baseouse na selección de novas parcelas de produción en propiedade dos socios, plantación de viñedos propios da Sociedade Anónima e o establecemento de acordos de aprovisionamento a longo prazo con produtores independentes elixidos pola súa calidade de produto.

Na súa oferta, intenta responder ás novas demandas dos consumidores de viño e adiantarse ás tendencias, o que permite expandir e introducir os seus produtos en novos mercados.

Deste xeito, na adega elabóranse viños de diferentes calidades e das marcas máis recoñecidas, todas elas forman parte da Denominación de Orixe Rías Baixas.