×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Bodegas Campante S.A.

Adegas Campante S.A comezou como unha pequena adega familiar que elaboraba viño Ribeiro en Prado, concello de Castrelo de Miño, ao redor dos anos 40.

Coa incorporación da segunda xeración familiar, abríronse novos mercados e con eles novas variedades como a Treixadura, o Godello, a Loureira e Albariño. Ademais, a adega posúe viñedo contratado con tres variedades tintas que son Mencía, Caíño e Brencellao.

Coa terceira xeración, xa plenamente incorporada, considérase unha das adegas máis importantes do Ribeiro. Os seus viños elaborados coa máis moderna tecnoloxía son de gran calidade, tanto o viño branco como o tinto. En canto a licores, ofrecen licor café, crema de bagazo, licor de herbas e augardente.