×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
ANFACO

A Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos é unha asociación empresarial, formada por máis de 200 empresas, sen ánimo de lucro, con máis dun século de traxectoria (as súas orixes remóntanse á Unión de Fabricantes de Conservas da Ría de Vigo, fundada en 1904), que en base á súa vocación de servizo, representación, defensa e promoción dos intereses económicos, sociais e profesionais dos seus asociados, pon ao seu servizo as súas modernas instalacións e o seu cualificado persoal, como asociación plurisectorial representativa de diferentes sectores ligados á transformación de produtos da pesca e a acuicultura.

As empresas asociadas están dedicadas a unha pluralidade de actividades: conservas, semiconservas e salgaduras de peixes e mariscos; conxelados, refrixerados e elaborados de produtos do mar; aceites e fariñas de peixe; bacallau e salgaduras; afumados de peixe; materias primas; envases e embalaxes; maquinaria; comercializadores de produtos do mar; servizos auxiliares e produtos conservados.