×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Agrupación de Produtores de Carril

A Agrupación de Produtores de Parques de Cultivo de Carril comeza a súa andaina o 13 de novembro de 1989, tendo como función principal a de xestionar, defender e coordinar os intereses comúns dos seus asociados.

A Agrupación, ademais, leva a cabo outras funcións como é a representación dos seus socios mediante organismos públicos, revisión e reordenación dos Parques de Cultivo da zona e supervisión da calidade da ameixa fina (Ruditapes decussatus).

Os parquistas da zona cultivan 1.283 parcelas outorgadas a 656 produtores, dos cales, a maioría forman parte desta agrupación. Os produtores na súa parcela cultivan de xeito natural berberecho e ameixas autóctonas, nunha proporción aproximada do 30% que se complementa coa produción de semente (hatchery).