×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Aceites Abril S.L.

Aceites Abril é unha compañía de carácter familiar fundada en 1962 por Manuel Pérez Delgado. Orixinariamente, encontrábase en Toledo adicada á obtención de aceite de oliva virxe extra, pero nos anos posteriores, ao incorporar o envasado e a distribución entre as súas actividades, situou as instalacións en Ourense.

Aceites Abril ofrece unha ampla variedade de formatos e de tipos de aceites: oliva virxe extra ecolóxico, oliva virxe extra das variedades Arbequina, Hojiblanca e Picual, aceite de bagazo de oliva, aceite de girasol e de sementes.

Dentro do seu plan estratéxico recoñece un plan de mellora continua, que vai dende a seguridade alimentaria e a xestión da calidade, ata o coidado do medio ambiente coma eixes básicos. Así conta cos certificados ISO 9001, ISO 14001, IFS, BRC e EMAS.