×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Organistrum

O viño Organistrum elabórase con uvas procedentes de parcelas seleccionadas, colectándose a principios da vendima con elevada estrutura e grao alcohólico. Despois da fermentación alcohólica o viño introdúcese en barrica de carballo francés até totalizar un período máximo de 4 meses de crianza. Presenta unha cor amarela pallosa intenso con irisacións ouro, limpa e brillante, cunha intensidade media de aromas complexos, onde se percibe unha carga froiteira importante xunto a un fondo lixeiramente tostado. O resultado é un gusto de amplos matices, con rexistros aromáticos da froita verde e con notas herbáceas sobre un fondo de vainilla.

Este viño, Denominación de Orixe Rías Baixas, é envasado e comercializado en botellas de 75 cl. Presentación en caixas de 6 unidades.