×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Martin Codax

O viño albariño Martín Códax, recibe o nome do trobador galego do século XIII, quen nas súas cantigas evocaba o amor e a paixón polo mar. Posúe unha atractiva cor amarela pallosa, con tons semellantes aos do limón maduro e destaca pola súa especial intensidade e elegancia, o seu recendo lembra ás herbas frescas impregnadas de orballo e ao perfume das mazás case maduras. Na boca apréciase unha fina agulla, dotada dunha complexidade de sabores nos que se percibe a frescura da vexetación do val e a esencia do varietal.

Este viño, Denominación de Orixe Rías Baixas, é comercializado en botellas de 75 cl. Presentación en caixas de 6 unidades.