×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
Os pescados e mariscos

As condicións da costa galega que alterna os cantís máis altos de Europa continental coas augas plácidas das rías, únense á riqueza en nutrientes que atesoura o Océano Atlántico nestas latitudes. Todo isto conformou un ecosistema único do que se nutren os mercados gastronómicos máis exquisitos. Outra razón é a experiencia do pobo galego como pobo pescador e produtor de marisco e pescado. Galicia caracterízase por unha arraigada tradición mariñeira e esta experiencia tradúcese no bo saber facer que permite seleccionar os produtos do mar de mellor calidade.