×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading
As algas

A riqueza do mar de Galicia favorecida pola súa situación xeográfica, as grandes correntes mariñas e a forma recortada da súa costa, fai que teñamos un dos mellores recursos de Europa no que respecta ás algas. Nas nosas augas oceánicas habitan frondosos xardíns, de formas e cores moi variadas, dando lugar ó seu aproveitamento para o consumo debido ó gran valor nutritivo que aportan. Entre as especies máis apreciadas na cociña destacan a alga Nori e Kombu de Azucre polos seus altos contidos en proteína e fibra.