×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Centro Demostrador TIC, xestionado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia, organiza o día 25 de novembro, nas súas instalacións, a xornada "Smartpeme, peme móbil e conectada".

O evento ten como obxectivo ser un punto de encontro onde as empresas de diversos sectores de actividade reflexionen conxuntamente sobre unha realidade ineludible: é o momento de levar ás empresas o que xa é normal nas rúas.

Durante a xornada daranse a coñecer os beneficios que a mobilidade aporta ás empresas, sobre todo os relacionados coa produtividade das mesmas, na relación cos clientes ou nos procesos de fabricación e produción. Asemade, o encontro busca ser un escaparate para que pemes galegas coñezan de primeira man provedores TIC que poidan converterse nos seus aliados tecnolóxicos no seu proceso de transformación dixital e adaptación á mobilidade empresarial.

Programa