×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Obxectivo 2020: Aforrar un 20 % do consumo anual de enerxía primaria.

A estratexia de redución do consumo enerxético na Unión Europea (UE) é irreversible e cada vez máis ambiciosa. A UE estableceu os novos obxectivos para o clima e a enerxía para o ano 2030, con reducións do 40% das emisións GEI, un 30% de enerxías renovables e un 40% de mellora da eficiencia enerxética. A máis longo prazo está a proporse unha meta moito máis ambiciosa: chegar a 2050 con valores de redución de emisións do 80%.

En España, a industria alimentaria representa o 9.9% do total do consumo industrial e o 17% do valor da enerxía consumida polo sector manufactureiro. Por tanto, debe contribuír a alcanzar os obxectivos da Unión Europea para os próximos anos cara a unha economía máis sustentable con maior eficiencia enerxética e menores emisións de CO2 ao medio ambiente.

É posible compatibilizar a mellora da competitividade das industrias alimentarias co aforro enerxético e a sustentabilidade ambiental?

A eficiencia enerxética é un elemento indispensable para lograr a competitividade industrial e a sustentabilidade ambiental. A redución do uso de combustibles e enerxía, así como a diminución de emisións contaminantes, e a aplicación de produtos e procesos de eco-innovación e bioenerxía, e o emprego de enerxías alternativas que contribúan a mellorar a eficiencia enerxética, son medidas que calquera industria, debe considerar prioritarias na súa estratexia empresarial.

Esta xornada ten como obxectivo mellorar a información destes aspectos nas industrias de alimentación e bebidas, a fin de garantir e fomentar a súa competitividade, mellorar a seguridade da subministración enerxética e garantir a produción sustentable en Europa. A información ás empresas sobre ferramentas que lles permitan adaptar estas tecnoloxías e medidas de mellora da eficiencia enerxética e implantación de enerxías renovables na industria.

DATA: 15 Novembro 2016

HORARIO: 10:00 a 12:30h.

LUGAR: Ed. FEUGA. Lope Gomez Marzoa. Campus Vida. Santiago de Compostela.

PROGRAMA

9.55 Recepción e benvida aos asistentes

D. Roberto Alonso Ferro,

Dª. Carmen Iglesias, Directora Xeral de EnergyLab

10:00 A importancia dunha correcta diagnose enerxética en plantas industriais do sector alimentario

D. José Enrique Vázquez, Director de BioQuat e Presidente de Honra do Grupo de Xestores Enerxéticos de Cataluña

10:20 Monitorización, seguimento e análise enerxético como medio para a mellora da eficiencia enerxética

D. Juan Rodríguez Fernández-Arroyo, Director Técnico de Edificación e Industria de EnergyLab

10:40 Recuperación do calor residual na industria agroalimentaria

D. Gerardo Rodríguez Vázquez, Investigador Principal de Edificación e Industria de EnergyLab

11:00 Redución do impacto ambiental na industria alimentaria mediante a valorización de residuos

D. Mario Iglesias Casal, Director Técnico de Mobilidade e Enerxías Alternativas de EnergyLab

11:20 Análises do Ciclo de Vida e Pegada de Carbono

Dª. Tania González Martíns, Técnico Investigador da Área de Edificación e Industria de EnergyLab

11:40 Industria 4.0: enerxía, Iot e sensorización

D. Juan Rodríguez Fernández-Arroyo, Director Técnico de Edificación e Industria de EnergyLab

D. Daniel García Coego, Investigador Responsable de IoT de GRADIANT

12:10 Servizos de EnergyLab para empresas alimentarias

D. Sergio del Rio Piñeiro, Técnico Comercial de EnergyLab

12:25 Clausura

MAIS INFORMACIÓN

Para inscrición ou información poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062. Consultas dispoñibles previa solicitude.

Programa Inscrición