×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) e o Centro para o Desenvolvemento Tecnolóxico Industrial (CDTI) organizan conxuntamente a Xornada de Presentación da Convocatoria Feder Innterconecta 2016, que terá lugar o vindeiro 12 de maio pola mañá no salón de actos da Escola Galega de Administración Pública en Santiago de Compostela.

O Programa Feder Innterconecta financia proxectos de desenvolvemento experimental na modalidade de proxectos en cooperación entre empresas situadas nas principais rexións destinatarias do Programa Operativo de Crecemento Intelixente 2014-2020, cofinanciado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). Esta convocatoria constitúe unha oportunidade de financiamento interesante para as empresas e entidades galegas xa que conta cunha dotación orzamentaria total de 50 millóns de euros.

A xornada contará coa explicación das medidas de apoio ao financiamento de proxectos de alto impacto de I+D+i, amosaranse casos de éxito do Innterconecta en Galicia en convocatorias anteriores e as características xerais e principais novidades da convocatoria deste ano.

Pode obter máis información da xornada na Axencia Galega de Innovación, no seguinte enderezo electrónico servizos.gain@xunta.es e nos teléfonos 981957008 / 981957393.

Programa Inscrición