×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Cluster Alimentario de Galicia organiza co patrocinio de Abanca, un workshop sobre xestión de crises alimentarias. A xornada terá lugar o vindeiro 11 de maio en Santiago de Compostela.

As crises alimentarias poñen en risco a saúde dos consumidores, producen alarma social e poden impactar negativamente nos operadores económicos. Por iso, é imprescindible que, ante a súa posible aparición, se conte cun protocolo de actuación que asegure a súa óptima xestión. O obxectivo da xornada é, polo tanto, presentar aos actores necesarios para obter unha efectiva xestión das crises alimentarias.

Ao largo da xornada analizaranse o recoñecemento dunha crise alimentaria, a súa difusión (incluíndo membros do SCIRI, do que forman parte AECOSAN, o FIAB e inspectores da administración) a prevención mediante a aplicación de certificacións e cumprimentos lexislativos e futuros pasos a levar a cabo na xestión de crise alimentaria.

Esta xornada estará amparada instucionalmente pola consellería de medio rural inaugurada por Ángeles Vázquez Mejuto e a dirección de saúde pública pechada por Andrés Paz-Ares Rodríguez.

Inscrición Programa