×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A contorna empresarial é cada vez máis dinámica e complexa, caracterizándose, entre outras cousas, por un incremento da competencia, maior complexidade na distribución, a aparición de novas tendencias de consumo, a transformación do marco normativo, o xurdimento constante de novos produtos innovadores, etc. Por tanto é fundamental á detección das oportunidades ou ameazas, resultando unha actividade crítica non só para a innovación, senón tamén para a sustentabilidade da propia empresa.

O Clúster Alimentario de Galicia traballa nesta liña en proxectos MARKETLAB co fin de prover aos seu socios de ferramentas de intelixencia competitiva que permite coñecer información estratéxica e adaptarse ás tendencias máis recentes do mercado global dos alimentos e das bebidas.

Co fin de difundir o coñecemento neste eido no sector de froitas, hortalizas e froitos secos de Galicia organízase unha xornada de traballo polo Clúster Alimentario de Galicia onde se dan a coñecer as últimas tendencias globais en froitas, verduras e froitos secos, así como hábitos do consumidor galego.

Máis información no seguinte enderezo marketing@clusaga.org ou no 981 55 60 62

Programa Inscrición