×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Un dos desafíos actuais aos que se enfronta o sector é a tendencia á globalización da economía e a agresiva competencia, o que fai indispensable especialmente para os pequenos produtores e transformadores que sexan capaces de darlle valor engadido ás súas marcas e produtos creando un vínculo emocional cos consumidores. É por isto que cada vez toma máis importancia a forma na que as empresas fan a comercialización, e as accións de promoción para chegar ao consumidor.

Asemade é vital destacar e diferenciarse da competencia, agregar valor e conectar cos seus consumidores. Nesta liña o consumidor demanda cada vez mais produtos de orixe certificada, respectuosos co ambiente, saudables, de calidade, cun valor gastronómico e ao mesmo tempo convenientes.

Co fin de mellorar o coñecemento neste eido e como o mercado está a desenvolverse o Clúster Alimentario de Galicia organiza está xornada soportada pola Consellería do Mar co apoio do Fondo Europeo de Pesca.

A xornada estará aberta a xerentes e directores comerciais de pequenas e medianas empresas transformadoras, organización de produtores e outras entidades relacionadas coa produción e transformación de produtos do mar.

Máis información no seguinte enderezo info@clusaga.org ou no 981 55 60 62

Programa Inscrición