×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A presentación do proxecto inclusilver terá lugar no marco do foro Galicia Alimentación co obxectivo debater sobre os desafíos que se abordarán no proxecto e informar ás empresas e as entidades de I+D+i sobre os beneficios e o apoio que poderán dispor ao longo do mesmo. Na mesa redonda participarán varios colaboradores do proxecto do ámbito científico, institucional e empresarial.

As oportunidades na nutrición personalizada dirixida á poboación sénior

A economía sénior refírese á actividade económica e consumo relacionado co segmento poboacional de máis de 50 anos . Deriva da emerxencia de novos mercados de consumo e da necesidade de mellorar a sustentabilidade do gasto público relacionado co envellecemento da poboación. O estímulo do mercado de produtos e servizos que respondan as necesidades deste segmento da sociedade xerará novas oportunidades sobre os mercados existentes e emerxentes, así como un gran impacto nos sistemas de saúde.

Asemade, a nutrición personalizada ofrece unha nova aproximación que permite aos cidadáns axustar o seu comportamento dietético a través de suxestións sobre elección de produtos alimentarios e patróns de alimentación adaptados ás necesidades e características individuais.

O proxecto inclusilver

Neste marco o proxecto Innovation in personalised Nutrition through Cluster cooperation in the Silver economy INCluSilver busca aproveitar as oportunidades relacionadas coa nutrición personalizada e a economía senior, a través do reforzo da innovación en produtos e servizos de distintos sectores, orientada ao segmento poboacional de máis de 50 anos . INCluSilver, será desenvolvido por un consorcio de nove clusters, liderados por Skane Food Innovation Network, Suecia, e o Clúster Alimentario de Galicia, entre 2017 e 2020 e está financiado en 4.115.121 €, no Programa Europeo de desenvolvemento e innovación Horizonte 2020.

O obxectivo xeral do Proxecto INCluSilver é apoiar a colaboración entre grupos de interese clave, en particular empresas, en distintos sectores de facilite o desenvolvemento de ideas innovadoras no ámbito da nutrición personalizada para a poboación senior. Os desafíos que se abordarán no proxecto:

1. Alimentación funcional e nutrixenómica

2. e-Saúde

3. Determinantes de dieta e actividade física

4. Dieta e produción alimentaria

5. Información e redes sociais

6. Solucións de loxística, deseño e packaging

7. Políticas e sistemas de saúde

Entre os principais beneficios para as empresas participantes atópanse a posibilidade de obter apoio financeiro directo (cheques de innovación) e técnico (a través de servizos de apoio á innovación) para aumentar a capacidade de innovación das PEMES. Ademais de asesoramento individualizado, actividades de formación avanzada e unha contorna colaborativa virtual de apoio á innovación aberta.

Convite Programa Inscrición Plano