×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Co fin de ampliar o coñecemento do panorama actual e as claves de futuro aplicado a casos prácticos o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) en colaboración coa Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC) organiza un ciclo de tres xornadas onde se darán a coñecer as últimas tendencias e novidades a diferentes niveis: comprender as motivacións do consumidor senior, un segmento clave de futuro, coñecer as claves da grande distribución actual e definir unha estratexia promocional efectiva no punto de venda.

O panorama actual da grande distribución: Eroski

Estar presentes e manterse nos lineais é un reto para os fabricantes. Por iso mellorar o coñecemento dos clientes e as claves da venda no grande consumo, detectando oportunidades en colaboración coa grande distribución permite mellorar o posicionamento no canal cara o consumidor.

Grupo Eroski é unha empresa cooperativa española de distribución con sede en Elorrio, Biscaia, conta con ao redor de 1.600 establecementos de diferentes marcas. En Galicia Vegalsa-Eroski, empresa líder da distribución comercial en Galicia, está participada ao 50% pola familia de Vegonsa e Eroski. As orixes da compañía remóntanse aos anos corenta do pasado século XX, cando o fundador e actual presidente de honra instala en Vigo o seu primeiro negocio de alimentación. Posúe as insignias Eroski Center, Eroski City, Autoservicios Familia, Cash Record e Aliprox.

Os obxectivos do workshop son os seguintes:

  • Coñecer cal é o panorama actual da Gran Distribución española, así como as principais motivacións e tendencias do Shopper de Eroski.
  • Entender cales son as prioridades comerciais, da gran distribución e de Eroski, tanto en central como nos supermercados.

Programa Inscrición