×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Coincidindo coa reunión da súa Comisión de Mercados e Internacionalización onde se presentarán as liñas de actuación no eido de internacionalización para o período 2018-2019, o Clusaga organiza unha xornada de traballo onde se presentarán as axudas do IGAPE a accións de promoción exterior das empresas galegas e accións de promoción exterior conxunta (Galicia Exporta), así coma os apoios do ICEX para este fin. Asemade, o Clusaga presentará dous novos proxectos que neste eido está a desenvolver.

Data: 15 febreiro

Horario: 10:30 a 15:30

Lugar: Hotel Palacio del Carmen, Autograph Collection Oblatas, s/n Santiago de Compostela

Obxectivos:

  • Coñecer as axudas autonómicas, estatais e europeas á internacionalización empresarial
  • Resolver dúbidas e coñecer servizos de apoio para a internacionalización
  • Coñecer as ferramentas e actuacións do CLUSAGA de apoio á internacionalización e de mercados
  • Aprobar o programa de actuacións do CLUSAGA nestes eidos na anualidade 2018-2019

Programa:

10.30 Comisión de mercados e internacionalización (socios do cluster)

  • Introdución ao funcionamento da comisión
  • Informe de actuacións 2016-2017
  • Plan de actuacións internacionalización 2018-2019
  • Rogos e Preguntas

11.30 Presentación de proxectos singulares do Clúster Alimentario de Galicia

  • Proxecto Europeo New Frontiers in Food NF4 de internacionalización
  • Proxecto para a constitución dunha plataforma conxunta de e-commerce

12.30 Cafe networking

12.45 Mesa redonda de internacionalización do sector alimentario galego

Modera Miguel Otero Simón, Director MASCOMEX USC

Galicia Exporta 2018: axudas e instrumentos para a internacionalización do sector

Agusto Álvarez-Borrás Massó. Director de Internacionalización do IGAPE

Apoios e axudas do ICEX á internacionalización

Sergio Prieto López. Director Territorial de Comercio de ICEX

Servizos do clúster para o acceso a novos mercados e casos de éxito

Juan Vázquez Gancedo. Bodegas Martín Codax. Presidente do CLUSAGA

13.40 Debate e xantar de traballo

15.30 Clausura

Para inscrición ou información poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062. O xantar de traballo terá un custo por persoa de 35 €.

Inscrición Programa