×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A recente publicación de convocatorias do IGAPE de axudas a accións de promoción exterior das empresas galegas e accións de promoción exterior conxunta (Galicia Exporta), contratación de xestores de internacionalización, así coma as axudas á promoción conxunta en mercados exteriores PRIMEX e as axudas do ICEX ICEXNEXT abre unha ventá de oportunidade para optimizar a planificación da promoción internacional para o 2016, con tal fin o CLUSAGA en colaboración co IGAPE e ICEX organiza unha xornada de traballo.

Data: 21 de xaneiro 2016

Horario: 10:00 a 14:00h.

Lugar: Edificio FEUGA. Lope Gómez Marzoa. Campus Vida. Santiago de Compostela.

Obxectivos

  • Coñecer as axudas públicas de apoio á internacionalización empresarial para o 2016
  • Resolver dúbidas e coñecer apoios para a tramitación de axudas
  • Coñecer ferramentas para elaborar un plan de internacionalización
  • Coñecer provedores de asistencia externa no eido da promoción internacional
  • Coñecer os casos de éxito en proxectos de internacionalización

Programa

10.15 Comisión de mercados e internacionalización:

  • Informe de actuacións 2015
  • Programa de actuacións 2016 e Plan estratéxico 2020
  • Servizos do clúster de apoio á internacionalización

11.30 Café networking

11.45 Mesa redonda. Axudas á internacionalización 2016

  • Axudas do IGAPE. GALICIA EXPORTA

Abel Veiga Copo. Director de Internacionalización do IGAPE

  • Apoios do ICEX á internacionalización

Javier Tena García. Director Territorial Galicia de Comercio e ICEX

  • Ferramentas para elaborar un plan de internacionalización

Miguel Otero Simón. Presidente da Comisión de Mercados. USC

  • Apoio do clúster á presentación de propostas e casos de éxito

Juan Vázquez Gancedo. Martín Códax. Presidente do Clúster Alimentario

13.15 Presentacións individuais de servizos e consultas das axudas

Máis información

Para máis información poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou no Tel: 981 556 062. Consultas dispoñibles previa solicitude.

Programa

Inscrición