×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Clúster Alimentario de Galicia CLUSAGA, en colaboración coa Asociación Española de Codificación Comercial AECOC organiza un workshop os días 9 e 10 de maio do 2016, en Madrid coa visita en grupo aos mais destacados e innovadores centros comerciais, mercados, tendas gourmet, restaurantes e supermercados de Madrid.

A finalidade do programa é coñecer, a través dun plan de visitas optimizadas e guiadas, como algúns conceptos de negocio novos, e tradicionalmente da canle Horeca, se están a incorporar con éxito á canle de gran consumo. Tamén se coñecerán os principais modelos de negocio e tendencias da canle conveniencia.

A canle Horeca ten unha gran importancia no ámbito socioeconómico da urbe madrileña e destaca a rápida evolución da súa estrutura, fundamentalmente a consecuencia da implantación e expansión de diferentes modelos de restauración organizada e franquías e ao achegamento á canle de grande consumo con novos conceptos innovadores. En resposta as cadeas da canle gran consumo tamén presentan gran dinamismo co desenvolvemento de nosos modelos de negocio adaptados ao segmento gourmet e a conveniencia.

A axenda de dous dias inclúe o seminario Tendencias do retail e do Horeca en España e internacionais e as visitas de estudo a El Corte Inglés Gourmet Experience, Enrique Tomás, Platea, Frinsa, Mamá Framboise, SuperCor Express, Carrefour Express, Mercado de San Antón, Hamburguesa Nostra, La cocina de San Antón e Panaria.

Para inscrición ou calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062. Data límite de inscrición o 15 de abril de 2016.

Programa