×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Co fin de ampliar o coñecemento do panorama actual e as claves de futuro aplicado a casos prácticos o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) en colaboración coa Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC) organiza un ciclo de tres xornadas onde se darán a coñecer as últimas tendencias e novidades a diferentes niveis: comprender as motivacións do consumidor senior, un segmento clave de futuro, coñecer as claves da grande distribución actual e definir unha estratexia promocional efectiva no punto de venda.

Workshop de oportunidades do target senior

Os targets seniors son estratéxicos tanto para fabricantes como distribuidores pola crecente importancia deste grupo poboacional existindo numerosas oportunidades de mercado; polo que é importante para abordar as necesidades e requirimentos deste grupo demográfico. É un colectivo con grandes diferenzas no comportamento de compra respecto ao resto de colectivos, polo que a adaptación de formatos, a activación do punto de venda, as promocións, a comunicación, o packaging é clave.

O obxectivo é coñecer como é o comportamento de compra da poboación senior e extraer insights relevantes de como adaptar a estratexia a este target, en particular:

  • Que categorías compran? Que porcentaxe é marca de fabricante e marca de distribución?
  • Onde compran as distintas categorías? Que importancia ten a innovación para eles? Que aspectos consideran que se debería innovar en cada categoría?
  • Que aspectos lles preocupa máis do etiquetado dos produtos?
  • Como comunicar efectivamente no punto de venda e planificar as promocións?

Programa Inscrición