×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A revolución tecnolóxica desafía ás empresas de todas as industrias a conectar as súas máquinas, procesos, persoas e produtos para obter eficiencias, diminuír os custos, mellorar as operacións, aumentar a satisfacción do cliente e mellorar as condicións de traballo.

A presente xornada busca crear oportunidades e facilitar a definición de proxectos de PEMEs galegas do sector que queiran aumentar a súa competividade mediante a dixitalización e a industria 4.0.

A xornada céntrase en presentar casos de éxito, solución tecnolóxicas e oportunidades de financiamento. Asemade de reunións bilaterais que serán programadas segundo os intereses dos participantes para atopar socios tecnolóxicos.

Axudas a proxectos industria 4.0 2018

Asemade o encontro busca orientar sobre as axudas do Igape aos proxectos piloto industria 4.0 en Galicia 2018. O obxecto destas é a concesión de apoios a proxectos que inclúan a implantación de equipamento e sistemas para a modernización dos procesos nas PEMEs galegas. A implantación consistirá na incorporación ás empresas de tecnoloxías de Industria 4.0, segundo a Axenda de competitividade industrial de Galicia: dende a sensórica e automatización á robotización, incluindo a trazabilidade e a personalización de produtos.

Programa Inscrición