×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

Co fin de ampliar o coñecemento do panorama actual e as claves de futuro aplicado a casos prácticos o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) en colaboración coa Asociación Española de Codificación Comercial (AECOC) organiza un ciclo de tres xornadas onde se darán a coñecer as últimas tendencias e novidades a diferentes niveis: comprender as motivacións do consumidor senior, un segmento clave de futuro, coñecer as claves da grande distribución actual e definir unha estratexia promocional efectiva no punto de venda.

Workshop activación do punto de venda

A mellora da eficiencia nos plans de actividade promocional e merchandising no punto de venda é imprescindible para responder as necesidades do comprador, diferenciarse e incrementar as vendas da categoría no punto de venda.

Os obxectivos son os seguintes:

  • Destacar a importancia do punto de venda e as tácticas fundamentais para activar as vendas.
  • Coñecer os conceptos básicos do proceso promocional e as principais ferramentas do merchandising.
  • Coñecer o comportamento e valoración do shopper actual, sobre as accións promocionais e de merchandising no punto de venda.
  • Revisar as recomendacións de AECOC para o desenvolvemento e execución dun plan promocional e un plan de merchandising eficiente.

Programa Inscrición