×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

O Ministerio de Industria, Energía y Turismo ven de publicar o Programa de axudas de apoio a Agrupaciones Empresariais Innovadoras co obxecto de mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas orientadas a nova industria 4.0, complementariamente ao Programa de apoio financeiro a proxectos de I+D+i no ámbito da industria conectada 4.0 e o Programa Industria Conectada 4.0. Asemade a Consellería de Economía, Emprego e Industria dispón de varios programas asociados a Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0.

Todas estas liñas abren una ventá de oportunidades para as empresas do sector alimentario galego na necesaria mellora competitiva no seu avance cara a fábrica do futuro, recollida coma eixe estratéxico de actuación do Cluster Alimentario de Galicia cara o 2020.

Data, lugar e hora

14 de xullo de 2016 de 10h a 13.30 h Edificio FEUGA. Campus Vida. Santiago de Compostela

Obxectivos

Os obxectivos da xornada son obter unha visión en profundidade das oportunidades de mellora no eido da fabrica 4.0 e analizar os programas de axuda para desenvolver proxectos neste área, en particular nas convocatorias abertas con obxecto de mellorar a competitividade das empresas. Así coma identificar sinerxías e novas liñas de traballo na conformación de grupos de traballo.

Programa

10.00 Benvida aos participantes

10.05 Programas e instrumentos de apoio do Ministerio de Industria. Programa Industria Conectada 4.0: convocatorias. Manuela García Pascual. Secretaría General de Industria y Pymes. Ministerio de Industria, Energía y Turismo (MINETUR)

10.45 Tecnoloxías e áreas de aplicación da fábrica 4.0

Novas tecnoloxías aplicadas a procesos industriais na agromarindustria 4.0. Mónica Barral Martínez. División de Enxeñaría de procesos Industria 4.0. ANFACO CECOPESCA

A industria da alimentación 4.0: retos, oportunidades e casos de éxito. David Martínez Simarro. Departamento TIC AINIA

11.55 Pausa café networking

12.10 Casos de éxito e aplicacións reais no sector alimentario e vitivinícola

Mesa redonda. Miguel Tubío Fernández. Bodegas Martín Codax. José Alberto Regueiro Abelleira. Innolact

12.40 Programas e instrumentos de apoio da Consellería de Industria: Plan de Acción Industria 4.0 2015-2016 accións de apoio concretas e próximas convocatorias. Noberto Penedo Rey. Área de Competitividade do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE).

13.15 Conclusións e seguintes pasos na constitución de grupos de traballo

Mais información

Inscrición ou mais información en CLUSAGA en info@clusaga.org ou 981556062. Adicionalmente poderá haber xuntanzas bilaterais para definir colaboracións previa solicitude.

Programa Inscrición