×

Usamos cookies propios e de terceiros para mellorar os nosos servizos. Se continúa a navegar, consideramos que aceptar o seu uso. Pode obter máis información aquí.

Loading

A EU SME Centre e o Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) están a organizar un workshop titulado Como exportar alimentos e bebidas a China ? o día 22 de xuño no Edificio FEUGA en Santiago de Compostela.

Os obxectivos da xornada son obter unha visión en profundidade do mercado chinés de alimentos e bebidas, coñecer o comportamento deses consumidores, analizar o sistema de acceso e regulamentos de entrada neste sector e desenvolver un plan de acción práctico. Este taller está deseñado para apoiar a exportación con éxito dos alimentos e bebidas á China.

EU SME Centre

EU SME Centre é unha iniciativa da Unión Europea con sede en Beijing que proporciona unha ampla gama práctica en servizos de apoio ás pequenas e medianas empresas para preparalas a facer negocios en China. Está formado por un equipo de expertos que ofrece asesoramento e apoio en catro áreas de desenvolvemento empresarial: de avogados, de normalización, de conformidade e de recursos humanos.

Neste caso, un experto do centro, D. Pablo Recio impartirá a xornada que está deseñada para apoiar a exportación con éxito de alimentos e bebidas a China, coñecer as regulacións de importación ao país, analizar os pasos prácticos para vender nos canles minoristas de China, usando as mellores prácticas e consellos de primeira man.

Programa

9:00- 9:30 Rexistro e networking.

9.30- 10:45 Módulo 1: Visión xeral do Mercado de alimentos e bebidas en China:Situación xeral e perspectivas. Produtos con maior potencial. Principais focos de crecemento. Canles de distribución. Prezos en China. Produtos orgánicos. Escándalos alimentarios. Protección da marca.

10:45- 11:00 Pausa café.

11:00- 12:30 Módulo 2: Comercialización tradicional:Opcións e avaliación das formas de atopar socios en China. Seguimento comercial. Negociacións. Construír unha relación. Aspectos prácticos. Casos prácticos.

12:30- 13:00 Descanso.

13:00- 14:30 Módulo 3: Barreiras técnicas:Mapa de proceso de exportación. Mapa de proceso de importación. Revisión por produto. Etiquetaxe. Aranceis. Normativa. Comportamento de aduanas.

14:30- 15:30 Pausa comida.

15:30- 16:30 Módulo 4: Comercio electrónico:Internet en China. Redes sociais en China. Visión xeral do comercio electrónico en China. Modelos de comercio electrónico. O comercio electrónico de alimentos e bebidas. Casos das principais plataformas. Estratexias alcanzables.

16:30- 16:45 Módulo 5: Seguintes pasos e fontes de información:Fontes de información. Seguintes pasos. Resumo das ideas claves.

16:45- 17:00 Última sesión de preguntas.

O mercado chinés de alimentos e bebidas

O xigante asiático ocupa o primeiro posto por ser o país que conta coa maior poboación, coa maior clase media do mundo e coas mellores previsións de crecemento de gasto futuro.

China desbancou aos Estados Unidos (EEUU) como o país que máis oportunidades ofrece para exportar alimentos e bebidas, segundo un estudo realizado pola escola de negocios IESE e a consultora Deloitte.

O informe, titulado "Vademecum on Food and Beverage Markets 2016", analiza os mercados con maiores oportunidades de exportación e negocio para as empresas do sector e identifica os máis atractivos.

Neste sentido, China ocupa o primeiro posto do 'índice de atractividade' por ser o país que conta coa maior poboación, coa maior clase media do mundo e coas mellores previsións de crecemento de gasto futuro.

Inscrición e mais información

O prezo de inscrición na xornada é de 350 € (consulte bonificación pola Fundación Tripartita). Para calquera aclaración ou información adicional, poden contactar co CLUSAGA en info@clusaga.org ou no teléfono 981 556 062. Tamén poden obter máis información na páxina web do EU SME Centre.

EU SME Centre Programa Inscrición Relator